Novas

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 14-06-2017

Estimado socio,

Estimada socia:

O Consello Reitor, conforme ós artigos 19 e 20 dos Estatutos Sociais, acordou por unanimidade, en sesión celebrada o 17 de maio de 2017, convocar ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, que se celebrará o 14 de xuño, mércores, ás 19.30h en primeira convocatoria e ás 20:00h en segunda convocatoria, no domicilio social sito na Rúa Xosé Chao Rego no 6-Baixo, en Santiago de Compostela, para tratar e decidir sobre a seguinte:

Orde do día

1.- Elección de tres persoas socias para a sinatura da acta da Asemblea Xeral.

2.- Presentación e aprobación, se procede, das contas anuais e do Informe de Xestión correspondentes ó exercicio 2016.

3.- Cese do Consello Reitor actual.

4.- Elección do novo Consello Reitor ou de no ser o caso proposta de disolución e liquidación.

5.- Rogos e preguntas.

Nota: De acordo coa Lei de Cooperativas de Galicia e os Estatutos sociais, atópanse a disposición das persoas socias no Domicilio Social da Cooperativa a documentación da Asemblea.

As persoas socias que non poidan asistir, poderán ser representados para esta Asemblea nos termos establecidos nos artigos 36.8 da Lei de Cooperativas de Galicia e do 22.3 dos Estatutos Sociais, é dicir, mediante poder notarial ou mediante escrito autógrafo (feito de puño e letra) outorgando representación e adxuntando fotocopia lexible do D.N.l. da persoa representada.

Santiago de Compostela 17 de maio de 2017

Rosa Mª Bueno Crego

Presidenta de Salgueiriños de Consumo S. Coop. Galega

COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS

Seguimos colaborando con BALRIAL - Banco de Alimentos das Rías Altas (www.balrial.com). Este colectivo encárgase de recoller produtos alimentarios para logo repartilos entre ONGs e colectivos asistenciais e de solidariedade.

¿Cómo podedes colaborar? É sinxelo. Tedes que facer un único pedido no que incluiredes os produtos que son para vós máis os produtos que queirades doar. No momento da recollida do pedido, indicaredes que produtos queredes levar e que produtos queredes doar.

AVISO: SUPRÍMESE O SERVIZO DE PEDIDOS A DOMICILIO

Comunicamos a todas as persoas socias que se suprime o servizo de entrega de pedidos a domicilio e que polo tanto a partir do próximo pedido (xuño 2017) xa non  poderán solicitar este servizo.

PECHE DO LOCAL SOCIAL POR VACACIÓNS DE SEMANA SANTA 2017

O local social da cooperativa permanecerá PECHADO  por vacacións de Semana Santa a semana do 10 ao 16-04-2017.

Información adicional