Actividades

ACTIVIDADES CULTURAIS - MARZO 2016

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS

ExposicinFotos

Datas: mes de marzo de 2016

Horario: no horario de apetura do local social

Lugar: local social

Entrada: gratuita

 

Se estás interesado en mercar algunha das

fotografías desta exposición poderás facelo.

Aquí tes a información sobre:

  • O contacto
  • A listaxe de prezos
ExposicinFotosP

REALIZACIÓN ACTIVIDADE CULTURAL "PERIGOS NAS REDES SOCIAIS"

O xoves 18-02-2016 realizamos no local social da cooperativa a actividade cultural gratuíta consistente nunha charla sobre "Riscos asociados ás novas tecnoloxías e uso de redes sociais"

Agradecemos a colaboración da Comisaría da Policía Nacional en Santiago de Compostela porque grazas a ela realizamos esta actividade na que nos explicaron os perigos das redes sociais, como prevenilos e as recomendacións do seu uso.

RiscoRedeSociaisPerigoRedes1

ACTIVIDADES CULTURAIS - FEBREIRO 2016

RiscoRedeSociais

 

PERIGOS NAS REDES SOCIAIS. PREVENCIÓNS. RECOMENDACIÓN DO SEU USO.

 

A cargo da Policía Nacional de Santiago de Compostela. Non se permite a asistencia de nenos e rapaces.

 

Data: 18 de febreiro de 2016

Horario: 20.30 horas

Lugar: local social

Entrada: gratuita

 

Inscrición:

Pode realizarse por calquera dos seguintes medios, indicando o número de persoas:

• Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

• Teléfonos: 881 249 638- 640 75 20 04

• Presencial no local social de Salgueiriños de Consumo na r/Xosé Chao Rego, 6 baixo

 

REALIZACIÓN DA CATA DE QUEIXOS

O xoves 21-01-2016 realizamos, no local social da cooperativa, unha cata de queixos a cargo do Consello Regulador da denominación de orixe protexida ARZÚA-ULLOA.

Os asistentes puideron degustar catro queixos galegos  (Denominacións de orixe protexidas dos queixos ARZÚA-ULLOA, CEBREIRO, SAN SIMÓN DA COSTA E QUEIXO DE TETILLA) e aprender como cortar o queixo, que tipo de coitelo empregar, a orixe destes queixos, o seu proceso de elaboración, a súas características, etc.

O noso agradecemento ao Consello Regulador da denominación de orixe protexida ARZÚA-ULLOA.

    1CataQueixos5CataQueixos9CataQueixos

    6CataQueixos7CataQueixos

 

 

Información adicional