Sen categoria
Volvemos á actividade
Ola a todos e todas
Retomamos a actividade de compra na Cooperativa, agora que xa empezamos a avanzar cara un escenario novo.
Ao que viña sendo habital, o calendario cambia nas datas de maneira puntual: faise pedido co mes xa iniciado e entrégase a principios do seguinte.
O calendario dos dous próximos pedidos será o seguinte:
PEDIDO |
LANZAMENTO |
PECHE |
ENTREGA |
HORARIO ENTREGA |
Maio |
08/05/2020 |
19/05/2020 ÁS 14:00 H |
Mércores 03/06 Venres 05/06 |
18:00 H A 21:00 H 16:00 H A 17:00 H |
Xuño |
08/06/2020 |
16/06/2020 ÁS 14:00 H |
Mércores 01/07 Venres 03/07 |
18:00 H A 21:00 H 16:00 H A 17:00 H |
No primeiro pedido, o de Maio, entrará o aceite e mais os deterxentes ecolóxicos, así como o resto de referencias mensuais habituais. Nas referencias de Solyeco tamén se incorpora xel hidroalcólico.
Coa mesma, neste pedido teremos unha oferta de Paga 3 leva 1 de agasallo que nos formula neste pedido Estrella Galicia (e adiantamos ante o reaxuste de calendario), para as súas referencias de cervexas e augas (Cuevas e Cabreiroá). Lembrade que no pedido que fagades na tenda web só indicades as que vaiades pagar (despois na entrega xa damos as unidades de balde segundo a compra feita).
Para o seguinte, o de xuño, tocarían arroces e legumes e consevas La Pureza (xunto co resto das referencias mensuais habituais).
Para a entrega destes pedidos, como fixemos no pedido de marzo, faremos un sistema con cita previa para recoller a unha hora concreta (que poderemos ir axustando segundo as circunstancias de cada persoa socia), facéndoo da maneira máis segura posible.
Agardamos que todos e todas esteades ben de saúde
Calendario pedidos segundo sementre 2020
Ola a todos e todas
Aquí vos deixamos un calendario orientativo das datas de apertura e peche de pedidos do segundo sementre de 2020:
PEDIDO |
LANZAMENTO |
PECHE |
ENTREGA |
HORARIO ENTREGA |
Abril |
23/03/2020 |
31/03/2020 ÁS 14:00 H |
Mércores 15/04 Venres 17/04 |
18:00 H A 21:00 H 16:00 H A 17:00 H |
Maio |
21/04/2020 |
28/04/2020 ÁS 14:00 H |
Mércores 13/05 Venres 15/05 |
18:00 H A 21:00 H 16:00 H A 17:00 H |
Xuño |
26/05/2020 |
02/06/2020 ÁS 14:00 H |
Mércores 17/06 Venres 19/06 |
18:00 H A 21:00 H 16:00 H A 17:00 H |
Ata novo aviso....
Feita xa a entrega dos flecos do pedido de marzo, queremos agradecervos a todos e todas a vosa paciencia e responsabilidade no cumprimento das medidas que arbitramos para facer as entregas.
Agora temos que esperar a que mellore a evolución da alerta sanitaria, e cando as circunstancias o permitan, retomaremos a actividade de pedidos (avisaríamos por web e por correo).
Mentres tanto, coidádevos moito, e coidade das persoas próximas. Procurade levar con paciencia o voso confinamento domiciliario.
Estamos seguros de que isto pasará, e que os vínculos de solidariedade que esta situación propiciou, farannos máis fortes no futuro, como persoas e como sociedade.
Ata logo