Sen categoria

A contorna


imagen12 1Salgueirños atópase na zona norte de Santiago de Compostela, moi preto da estrada que comunica a capital galega coa Coruña. É una zona de recente expansión urbana, na que estanse a construir vivendas e dotacións publicas que completan o entramado de crecemento de Santiago.

As novas vivendas acollen a xentes de moi distintos lugares. Uns naturáis de Santiago e que mudaron a súa zona de residencia, e outros procedentes de moitas localidades galegas e que chegaron á capital, hai anos,   da man, fundamentalmente, da expansión administrativa e o conseguinte desenvolvimento económico que supuxo a Autonomía para esta zona.

imagen14O enclave de Salgueiriños, na zona de Meixonfrío, vai tomando consistencia e vai agromando de xeito paseniño, ofrecendo os residentes cada vez máis posibilidades: dende a propia constitución dunha cooperativa de consumo, ata o achegamento de servizos que profesionais de moi diversa índole ofrecen nas rúas próximas ó cerne das vivendas onde residen os membros da cooperativa.

Dende esta zona de Santiago, ó pe dun dos últimos treitos do Camiño Francés, saúdos a todos aquelles que vos acheguedes a nós, ben sexa dende esta páxina Web, ou percorrendo as nosas rúas…

 

mapa

1 PEDIDO OUTUBRO 2017

PEDIDO

INICIO

FIN

OUTUBRO

26 de setembro  ás 22:00h (martes)

3 de outubro ás 14:00h (martes)

Aviso importante: Antes de iniciar o pedido do mes en curso debes comprobar que a túa cesta da compra non ten ningún produto seleccionado. Os produtos que incorporedes á vosa cesta antes desta hora e data non son capturados polo sistema informático da Tenda Web para o pedido global que se xenera para os proveedores.

Unha vez recibida a mercancía avisaremos a través desta páxina web para que pasedes a recollela no local social da cooperativa no horario de apertura.

O pedido farase a través da Tenda Web.

Se aínda no te deches de alta na páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/ debes facelo xa, seguindo as indicacións do sistema. O nome de usuario debe ter nome e primeiro apelido do socio, en minúsculas e todo xunto con opción de usar o punto ou no. Exemplo: carloslago ou carlos.lago (Só se aceptarán co nome do socio, non conviventes).

De cara á REALIZACIÓN DO PEDIDO terás que:

  1. Acceder á páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/.
  2. Preme sobre a cesta.
  3. Cubrir o teu nome de usuario e crave.
  4. Indicar o número de unidades de cada referencia que desexes pedir.
  5. Ingresar na conta da cooperativa (IBAN ES68 2080 0343 0130 4000 7626 de ABANCA) o IMPORTE TOTAL do pedido indicando concepto: Pedido OUTUBRO + nome e apelidos da persoa socia.
  6. Recibirás automaticamente unha copia do teu pedido no teu mail.
  7. Non tes que envíar copia do teu pedido ao mail da cooperativa xa que o sistema xa o envía automaticamente.
  8. No caso de recibir máis dun pedido por persoa socia o sistema anulará todos os recibidos quedando sen pedido.

 

A Cooperativa

“Salgueiriños de Consumo, Soc. Coop. Galega”, é unha cooperativa de consumidores e usuarios constituida perante notario con data 24 de xuño de 2009 e inscrita no Libro de inscrición de sociedades cooperativas con data 10 de xullo de 2009.Como se sinala nos seus Estatutos, a cooperativa, constituida por tempo ilimitado,  ten por obxecto a procura de bens e servizos para o consumo dos seus socios e socias e dos seus familiares que con eles convivan, producindo os bens e servizos que proporciones ou adquirindoos de terceiros.

As actividades que desenvolve, dirixidas a satisfacer necesidades de consumo,  abarcan dende a procura de bens e servizos  didácticos, culturáis, de ocio e tempo libre, ata a de artigos de consumo, uso, vestido,  mobiliario e demás elementos propios da economía doméstica nas mellores condicións de calidade, información e prezo.

Tamén conta, entre os seus obxectivos, a defensa e promoción dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, o fomento do consumo responsable e sostible e a promoción do cooperativismo e outras fórmulas de economía social.

pdfCoñece os nosos estatutos

 

Información adicional