Sen categoria

Pedido mes de Febreiro 2019

Eis as datas para o pedido do mes de FEBREIRO


 

INICIO

FIN

FEBREIRO

22 de febreiro (martes)

29 de febreiro ás 14:00 h (martes)

O calendario provisonal de apertura do local e recollida deste pedido serían os días mércores 13 de febreiro (de 18:00 h a 21:00 h) e o venres 15 de febreiro (de 16:00 h a 17:00 h). Lembrade pasar a recoller o voso pedido nos días e horarios indicados, ben directamente, ben a través dalgunha persoa da vosa confianza.

Alén dos produtos abertos para pedido na tenda web, na Cooperativa temos en estocaxe varias referencias de pasta, galletas mariñeiras, arroz e legumes.

O pedido farase unicamente a través da Tenda Web.

Se aínda no te deches de alta na páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/ debes facelo xa, seguindo as indicacións do sistema. O nome de usuario debe ter nome e primeiro apelido do socio, en minúsculas e todo xunto con opción de usar o punto ou no. Exemplo: carloslago ou carlos.lago (Só se aceptarán co nome do socio, non doutras persoas coas que conviva).

De cara á REALIZACIÓN DO PEDIDO terás que:

1.Acceder á páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/.

2.Preme sobre a cesta.

3.Cubrir o teu nome de usuario e clave.

4.Via facendo escolla de cada produto, indicando o número de unidades de cada referencia que desexes pedir.

5.Ingresar na conta da cooperativa (IBAN ES68 2080 0343 0130 4000 7626 de ABANCA) o IMPORTE TOTAL do pedido indicando concepto: Pedido FEBREIRO+ nome e apelidos da persoa socia.

6.Recibirás automaticamente unha copia do teu pedido no teu correo electrónico, o mesmo co correo da Cooperativa. Se non o recibes, comproba que teñas completado todo o proceso de compra na web.

A contorna


imagen12 1Salgueirños atópase na zona norte de Santiago de Compostela, moi preto da estrada que comunica a capital galega coa Coruña. É una zona de recente expansión urbana, na que estanse a construir vivendas e dotacións publicas que completan o entramado de crecemento de Santiago.

As novas vivendas acollen a xentes de moi distintos lugares. Uns naturáis de Santiago e que mudaron a súa zona de residencia, e outros procedentes de moitas localidades galegas e que chegaron á capital, hai anos,   da man, fundamentalmente, da expansión administrativa e o conseguinte desenvolvimento económico que supuxo a Autonomía para esta zona.

imagen14O enclave de Salgueiriños, na zona de Meixonfrío, vai tomando consistencia e vai agromando de xeito paseniño, ofrecendo os residentes cada vez máis posibilidades: dende a propia constitución dunha cooperativa de consumo, ata o achegamento de servizos que profesionais de moi diversa índole ofrecen nas rúas próximas ó cerne das vivendas onde residen os membros da cooperativa.

Dende esta zona de Santiago, ó pe dun dos últimos treitos do Camiño Francés, saúdos a todos aquelles que vos acheguedes a nós, ben sexa dende esta páxina Web, ou percorrendo as nosas rúas…

 

mapa

A Cooperativa

“Salgueiriños de Consumo, Soc. Coop. Galega”, é unha cooperativa de consumidores e usuarios constituida perante notario con data 24 de xuño de 2009 e inscrita no Libro de inscrición de sociedades cooperativas con data 10 de xullo de 2009.Como se sinala nos seus Estatutos, a cooperativa, constituida por tempo ilimitado,  ten por obxecto a procura de bens e servizos para o consumo dos seus socios e socias e dos seus familiares que con eles convivan, producindo os bens e servizos que proporciones ou adquirindoos de terceiros.

As actividades que desenvolve, dirixidas a satisfacer necesidades de consumo,  abarcan dende a procura de bens e servizos  didácticos, culturáis, de ocio e tempo libre, ata a de artigos de consumo, uso, vestido,  mobiliario e demás elementos propios da economía doméstica nas mellores condicións de calidade, información e prezo.

Tamén conta, entre os seus obxectivos, a defensa e promoción dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, o fomento do consumo responsable e sostible e a promoción do cooperativismo e outras fórmulas de economía social.

pdfCoñece os nosos estatutos

 

Información adicional