Sen categoria

Novo pedido: NOVEMBRO

Abrimos o pedido de Novembro

Como novidade importante, neste pedido temos o aceite (que habitualmente poñemos en Decembro). Ademais, ampliamos toda a gama de referencias que a cooperativa Sierra Cazorla comercializa.

O prazo para solicitar o pedido remata o martes 29 de outubro ás 14:00 h

 

 

Estamos de volta

Ola a todos e todas

Retomamos a actividade e aquí vos deixamos un calendario orientativo das datas de apertura e peche de pedidos:

PEDIDO

LANZAMENTO

PECHE

ENTREGA

HORARIO ENTREGA

OUT

23/09

01/10 ÁS 14:00 H

Mércores 16/10

Venres 18/10

18:00 H A 21:00 H

16:00 H A 17:00 H

NOV

22/10

29/10 ÁS 14:00 H

Mércores 13/11

Venres 15/11

18:00 H A 21:00 H

16:00 H A 17:00 H

DEC

18/11

 

26/11 ÁS 14:00 H

 

Mércores 11/12

Venres 13/12

18:00 H A 21:00 H

16:00 H A 17:00 H

 

Este ano pretendemos ampliar o número de referencias ofertadas, repescando algunhas vellas e incorporando novas, tanto de actuais provedores como doutros que poidamos ir negociando.

Imos intentar pasar o pedido de aceite para o mes de novembro, para aproveitar a tendencia de baixa de prezo que ten actualmente.

En todo caso, nestes cadros tedes as cadencia orientativa dos produtos que se van ir pedindo cada mes (pode sufiri algunha variación por forza maior)

 

produtos1

produtos2

Mañá luns 23 de setembro, abriremos xa o pedido de Outubro, e pecharase o martes 1 de outubro

 

Asemblea Xeral Ordinaria

O Consello Reitor, conforme ós artigos 19 e 20 dos Estatutos Sociais, acordou por unanimidade, en sesión celebrada o 23 de maio de 2019, convocar ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, que se celebrará o 25 de xuño martes, ás 20:00h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda convocatoria, no domicilio local sito na Rúa Xosé Chao Rego nº 6-Baixo, en Santiago de Compostela, para tratar e decidir sobre a seguinte:

Orde do día

1.- Elección de tres persoas socias para a sinatura da acta da Asemblea Xeral.

2.- Presentación e aprobación, se procede, das contas anuais e do lnforme de Xestión correspondentes ó exercicio 2018.

3.- Cese parcial do Consello Reitor actual (*1)

4.- Elección parcial do novo Consello Reitor. (*2)

5.- Rogos e preguntas.

 

Nota: De acordo coa Lei de Cooperativas de Galicia e os Estatutos sociais, atópase a disposición das persoas socias no Domicilio Social da Cooperativa a documentación da Asemblea.

As persoas socias que non poidan asistir, poderán ser representados para esta Asemblea nos termos establecidos nos artigos 36.8 da Lei de Cooperativas de Galicia e do 22.3 dos Estatutos Sociais, é dicir, mediante poder notarial ou mediante escrito autógrafo (feito de puño e letra) outorgando representación e achegando fotocopia lexible do D.N.I. da persoa representada.

(*1). Cesan nos seus cargos o Presidente, Vicepresendente, Secretario e unha vogal.

(*2). Elíxense 4 persoas para o Consello Reitor e os cargos de Presidente e Vicepresidente directamente na Asemblea de entre as sete persoas membro do Consello Reitor que haberá logo de elixir as 4 anteriores.

 

 

Información adicional