Asemblea Xeral Ordinaria
O Consello Reitor, conforme ós artigos 19 e 20 dos Estatutos Sociais, acordou por unanimidade, en sesión celebrada o 23 de maio de 2019, convocar ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, que se celebrará o 25 de xuño martes, ás 20:00h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda convocatoria, no domicilio local sito na Rúa Xosé Chao Rego nº 6-Baixo, en Santiago de Compostela, para tratar e decidir sobre a seguinte:
Orde do día
1.- Elección de tres persoas socias para a sinatura da acta da Asemblea Xeral.
2.- Presentación e aprobación, se procede, das contas anuais e do lnforme de Xestión correspondentes ó exercicio 2018.
3.- Cese parcial do Consello Reitor actual (*1)
4.- Elección parcial do novo Consello Reitor. (*2)
5.- Rogos e preguntas.
Nota: De acordo coa Lei de Cooperativas de Galicia e os Estatutos sociais, atópase a disposición das persoas socias no Domicilio Social da Cooperativa a documentación da Asemblea.
As persoas socias que non poidan asistir, poderán ser representados para esta Asemblea nos termos establecidos nos artigos 36.8 da Lei de Cooperativas de Galicia e do 22.3 dos Estatutos Sociais, é dicir, mediante poder notarial ou mediante escrito autógrafo (feito de puño e letra) outorgando representación e achegando fotocopia lexible do D.N.I. da persoa representada.
(*1). Cesan nos seus cargos o Presidente, Vicepresendente, Secretario e unha vogal.
(*2). Elíxense 4 persoas para o Consello Reitor e os cargos de Presidente e Vicepresidente directamente na Asemblea de entre as sete persoas membro do Consello Reitor que haberá logo de elixir as 4 anteriores.