Pedido do mes de XUÑO

Eis as datas para o pedido do mes de XUÑO


 PEDIDO

INICIO

FIN

XUÑO

20 de maio (luns)

28 de maio ás 14:00 h (martes)

 


O calendario provisonal de apertura do local e recollida deste pedido serían os días mércores 19 de xuño (de 18:00 h a 21:00 h) e o venres 21 de xuño (de 16:00 h a 17:00 h). Lembrade pasar a recoller o voso pedido nos días e horarios indicados, ben directamente, ben a través dalgunha persoa da vosa confianza.

Tede conta que neste pedido temos vixente a oferta 2 x 1 (pagas 2 e levas 1 de balde) nas referencias de augas e cervexas que comercializa Estrella Galicia. E que facemos o pedido de aceite a Jaén (desta volta un chisco máis económico do que o fixemos en decembro de 2018).

 

O pedido farase unicamente a través da Tenda Web.

Se aínda no te deches de alta na páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/ debes facelo xa, seguindo as indicacións do sistema. O nome de usuario debe ter nome e primeiro apelido do socio, en minúsculas e todo xunto con opción de usar o punto ou non. Exemplo: carloslago ou carlos.lago (Só se aceptarán co nome do socio, non doutras persoas coas que conviva).

Información adicional