Pedido mes de MARZO

Eis as datas para o pedido do mes de MARZO


 

INICIO

FIN

MARZO

19 de FEBREIRO (martes)

26 de FEBREIRO  ás 14:00 h (martes)

 

Neste pedido incorporamos novas referencias, desta volta de Campo Capela. Por unha banda o seu queixo O Mouro (premiado recentemente como mellor queixo do mundo), en dous formatos (480 e 900 gr., aprox).E a maiores, 3 formatos de envase do seu licor feito co soro que expulsa o requeixo na súa elaboración.

E nos viños, temos unha nova referencia da adega Hacienda López de Haro, da DOC Rioxa, e dúas novas referencias da DO Ribeira Sacra (un mencía e un godello) da Adega Condado de Sequeiras.

O calendario provisonal de apertura do local e recollida deste pedido serían os días mércores 13 de marzo (de 18:00 h a 21:00 h) e o venres 15 de marzo (de 16:00 h a 17:00 h). Lembrade pasar a recoller o voso pedido nos días e horarios indicados, ben directamente, ben a través dalgunha persoa da vosa confianza.

Alén dos produtos abertos para pedido na tenda web, na Cooperativa temos en estocaxe varias referencias de pasta, galletas mariñeiras, arroz e legumes.

O pedido farase unicamente a través da Tenda Web.

Se aínda no te deches de alta na páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/ debes facelo xa, seguindo as indicacións do sistema. O nome de usuario debe ter nome e primeiro apelido do socio, en minúsculas e todo xunto con opción de usar o punto ou no. Exemplo: carloslago ou carlos.lago (Só se aceptarán co nome do socio, non doutras persoas coas que conviva).

De cara á REALIZACIÓN DO PEDIDO terás que:

1.Acceder á páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/.

2.Preme sobre a cesta.

3.Cubrir o teu nome de usuario e clave.

4.Via facendo escolla de cada produto, indicando o número de unidades de cada referencia que desexes pedir.

5.Ingresar na conta da cooperativa (IBAN ES68 2080 0343 0130 4000 7626 de ABANCA) o IMPORTE TOTAL do pedido indicando concepto: Pedido MARZO+ nome e apelidos da persoa socia.

6.Recibirás automaticamente unha copia do teu pedido no teu correo electrónico, o mesmo co correo da Cooperativa. Se non o recibes, comproba que teñas completado todo o proceso de compra na web.

Información adicional