PEDIDO XUÑO 2017

PEDIDO

INICIO

FIN

XUÑO 

25 de maio ás 09:00h(xoves)

29 de maio ás 21:00h(luns)

Avisos importantes para este pedido:

  • O pedido debe realizarse a partir das 09:00h  do 25-05-2017 e non antes porque os produtos que incorporedes á vosa cesta antes desta hora e data non son capturados polo sistema informático da Tenda Web para o pedido global que se xenera para os proveedores.
  • Xa non hai o servizo de entrega de pedidos a domicilio.
  • Entre os produtos ofertados está o aceite de oliva
  • Oferta de cervexas ESTRELLA GALICIA de 3 x 2 (leva 3 packs e paga 2 packs):
    • Pola merca de cada dous packs de cervexas recibiredes un pack gratis.
    • Exemplo: se ao facer o pedido poñedes catro packs de cervexas, pagaredes ese catro packs pero ao recoller o pedido recibiredes en total seis packs (catro mercados + dous de regalo).

Unha vez recibida a mercancía avisaremos a través desta páxina web para que pasedes a recollela no local social da cooperativa no horario de apertura.

O pedido farase a través da Tenda Web.

Se aínda no te deches de alta na páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/ debes facelo xa, seguindo as indicacións do sistema. O nome de usuario debe ter nome e primeiro apelido do socio, en minúsculas e todo xunto con opción de usar o punto ou no. Exemplo: carloslago ou carlos.lago (Só se aceptarán co nome do socio, non conviventes).

De cara á REALIZACIÓN DO PEDIDO terás que:

  1. Acceder á páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/.
  2. Preme sobre a cesta.
  3. Cubrir o teu nome de usuario e crave.
  4. Indicar o número de unidades de cada referencia que desexes pedir.
  5. Ingresar na conta da cooperativa (IBAN ES68 2080 0343 0130 4000 7626 de ABANCA) o IMPORTE TOTAL do pedido indicando concepto: Pedido XUÑO + nome e apelidos da persoa socia.
  6. Recibirás automaticamente unha copia do teu pedido no teu mail.
  7. Non tes que envíar copia do teu pedido ao mail da cooperativa xa que o sistema xa o envía automaticamente.
  8. No caso de recibir máis dun pedido por persoa socia o sistema anulará todos os recibidos quedando sen pedido.
  9. Terás que envíar un mail á cooperativa no caso de estar interesado en recibir o pedido na túa casa.

Información adicional