Recollida pedido mes de MAIO
Recollida do pedido os días mércores 22 (de 18 a 21h) e venres 24 (de 16 a 17h) de marzo
Lembrarvos tamén que temos en estocaxe algunhas das referencias
Se podedes, pasade nos días e horas indicadas (canto antes mellor) para ir librando espazo no propio local e recollendo o produto de neveira e fresco
Neste momento temos xa no local as seguintes referencias:
Difersa (viños)
Clesa (actualizado a 22 de maio, ás 9:54 h)
Mondariz (actualizado a 22 de maio, ás 11:00 h)
Bama (actualizado a 22 de maio, ás 11:15 h)
Estrella Galicia (actualizado a 22 de maio, ás 12:00 h)
Pasta (actualizado a 22 de maio, ás 12:25 h)
Panadería Noia (actualizado a 22 de maio, ás 12:25 h)
Bebidas Moure (viños)(actualizado a 22 de maio, ás 12:25 h)
Cas Leiras (actualizado a 22 de maio, ás 13:39 h)
Embutidos Francisco Otero (actualizado a 22 de maio, ás 14:00h)
Casa Grande de Xanceda
Horta Lino
NOTA: Feiraco, os arroces,legumes e fariñas (La Salmantina) e Arqueixal chegan o venres, hoxe por diversas cuestións non foron servidas(como estaba previsto)
Coma sempre, Campo Capela chega venres.
Pedido do mes de XUÑO
Eis as datas para o pedido do mes de XUÑO
PEDIDO |
INICIO |
FIN |
XUÑO |
20 de maio (luns) |
28 de maio ás 14:00 h (martes)
|
O calendario provisonal de apertura do local e recollida deste pedido serían os días mércores 19 de xuño (de 18:00 h a 21:00 h) e o venres 21 de xuño (de 16:00 h a 17:00 h). Lembrade pasar a recoller o voso pedido nos días e horarios indicados, ben directamente, ben a través dalgunha persoa da vosa confianza.
Tede conta que neste pedido temos vixente a oferta 2 x 1 (pagas 2 e levas 1 de balde) nas referencias de augas e cervexas que comercializa Estrella Galicia. E que facemos o pedido de aceite a Jaén (desta volta un chisco máis económico do que o fixemos en decembro de 2018).
O pedido farase unicamente a través da Tenda Web.
Se aínda no te deches de alta na páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/ debes facelo xa, seguindo as indicacións do sistema. O nome de usuario debe ter nome e primeiro apelido do socio, en minúsculas e todo xunto con opción de usar o punto ou non. Exemplo: carloslago ou carlos.lago (Só se aceptarán co nome do socio, non doutras persoas coas que conviva).
Pedido do mes de MAIO
Eis as datas para o pedido do mes de MAIO
PEDIDO |
INICIO |
FIN |
MAIO |
22 de abril (luns) |
30 de abril ás 14:00 h (martes)
|
O calendario provisonal de apertura do local e recollida deste pedido serían os días mércores 22 de maio (de 18:00 h a 21:00 h) e o venres 24 de maio (de 16:00 h a 17:00 h). Lembrade pasar a recoller o voso pedido nos días e horarios indicados, ben directamente, ben a través dalgunha persoa da vosa confianza.
Alén dos produtos abertos para pedido na tenda web, na Cooperativa temos en estocaxe varias referencias de pasta, mermeladas, conservas vexetais, arroz e legumes.
O pedido farase unicamente a través da Tenda Web.
Se aínda no te deches de alta na páxina web da cooperativa http://www.sconsumo.com/ debes facelo xa, seguindo as indicacións do sistema. O nome de usuario debe ter nome e primeiro apelido do socio, en minúsculas e todo xunto con opción de usar o punto ou no. Exemplo: carloslago ou carlos.lago (Só se aceptarán co nome do socio, non doutras persoas coas que conviva).